Os tractores rodean a Subdelegación do Goberno en Ourense

Continúan as protestas contras as exixencias da nova PAC.
tractores 1
photo_camera Tractores ante a Subdelegación

Os tractores permanecen aparcados na mañá desta cuarta feira rodeando a Subdelegación do Goberno na cidade de Ourense por segundo día consecutivo, despois de iniciar unha protesta a terza feira en contra das comnsecuencias das políticas europeas agrarias.

En concreto, os vehículos agrícolas atópanse aparcados arrimados á beirarrúa ante a Subdelegación, nunha xornada na que gandeiros e agricultores concéntranse nesta zona do parque de San Lázaro. Alí atópanse catro furgonetas da Policía Nacional.

Sobre as 11 horas, un grupo duns catro produtores entraron ao edificio para reunirse o co subdelegado do Goberno, Emilio González. Igualmente, os tractores ocupan dous carrís na adxacente cale Xoán XXIII, á vez que permanecen tamén na avenida da Habana.

As protestas gandeiras chegaron a pasada terza feira a Ourense e Lugo como réplica ás mobilizacións producidas en Europa nos últimos días, do mesmo xeito que se produciron cortes de vías e mobilizacións por difernets territorios do Estado.

Unha caravana dun cento de tractores desprazouse a terza feira desde distintos puntosaté Ourense para protestar contra as políticas europeas que afectan o sector primario. Os gandeiros mobilizáronse desde concellos como Xinzo de Limia, Maceda, Montederramo e Castro Caldelas.

O descontento no agro que se está a vivir en varios países europeos tamén está presente na Galiza. Todas as organizacións agrarias galegas entenden que hai motivos para a mobilización, mais diferencian as súas reivindicacións, propias do país, fronte ás peticións que farían perigar o medio ambiente, próximas á extrema dereita. As entidades galegas entran as súas demandas na adaptación do sistema actual de Política Agraria Común (PAC) e reclaman prezos xustos, entre outras cuestións. 

Esta terza feira, perto dun cento de vehículos agrícolas procedentes dos municipios de Xinzo de Limia e Maceda dirixíronse cara á cidade de Ourense, nunha xornada na que tamén decorreu outra protesta na cidade de Lugo, esta última co respaldo da plataforma Agromuralla. Desde esta organización, Carlos Dabanca, gandeiro e membro da executiva, recoñece a Nós Diario que descoñece “quen convocou" e afirma que non vai "nin contra a Xunta nin contra o Ministerio, mais participamos polas imposicións de Bruxelas”.

Comentarios