Os motores dos tractores volven ruxir polo desleixo da Xunta perante seca e xeadas

Tractorada en Viana do Bolo convocada por Unións Agrarias, que alerta momento delicado que atravesa o rural galego.

tractorada
photo_camera Imaxe: UUAA

Ducias de tractores percorreron Viana do Bolo para demandar axudas para o sector rural perante as perdas e prexuízos que atravesa por mor da xeada e as secas. Representantes de sectores como o gando extensivo, a castaña ou a apicultura das comarcas de Viana e próximas estiveron presentes na mobilización, convocada por Unións Agrarias.

Este sindicato advirte da “situación delicada” que se vive en zonas de interior de Ourense, e non só, por mor da seca, que se suma aos prexuízos xerados pola xeada ou o pedrazo. Porén, indica, a Xunta non toma en serio esta situación cando o que se precisa son actuacións urxentes e decididas.

Desde UU.AA destacan a necesidade de activar organismos que aborden con seriedade a incidencia do cambio climático no sector do rural galego. 

Comentarios