As traballadoras en Galiza deixan de percibir 2.230 millóns de euros cada ano pola fenda salarial

O salario medio dunha muller galega na actualidade está ao nivel do soldo medio que un varón cobraba en 2004, hai 13 anos. 

conserveiras
photo_camera conserveiras

Perto de 2.230 millóns de euros. Esa é a cifra que as mulleres traballadoras deixan de percibir en Galiza por mor da fenda salarial existente a respecto dos varóns. Unha traballadora galega cobra de media un 21% menos que os homes, o que representa que a final de ano percebe 4.700 euros menos, unha diferenza máis que considerábel.

Así pois, 2.230 millóns de euros menos ao longo dun ano, segundo un recente estudo de UXT-Galiza. Unha cifra na que  non se inclúe aquel traballo non remuerado que se fai no eido do fogar que, case sempre, recae maioritariamente nas mulleres, coidando dependentes, menores ou realizando as tarefas do fogar.

Ademais, unha muller traballadora en Galiza cobra na actualidade un salario medio similar ao que un varón percibía en 2004, hai 13 anos. Mais a sucesión de datos preocupantes non acaba aquí. De media, unha asalariada en Galiza percibe un 10% menos que unha asalariada no estado español. Aliás, e despois de Canarias, Galiza é o territorio onde unha muller percibe menos por hora traballada.

Comentarios