O Supremo anula a autorización administrativa previa da planta de Reganosa en Mugardos

O Tribunal considera que no momento no que se outorgou a autorización non existía unha ordenación urbanística á que poidese considerarse acaído.

Gaseiro entrando en Reganosa_Panoramio
photo_camera Gaseiro entrando en Reganosa_Panoramio

 A Sala III do Tribunal Supremo estima o recurso interposto pola plataforma veciñal O Cruceiro de Mehá e anula a resolución da Dirección xeral de política enerxética que concedeu a Reganosa autorización administrativa pevia para instalar a súa planta en Mugardos. Para o TS, tanto a resolución que outorgou a autorización administrativa como a sentencia do TSXM que a ratifica incorren en vulneración do artigo 67.2 da Lei 34/1998 da Lei de Hidrocarburos, “posto que no momento en que se outorgou non existía unha ordenación urbanística á que poidese considerarse acomodado”. Cómpre lembrar que o PXOM de Mugardos foi aprobado en 2003 e en maio de 2012 declarado nulo por sentencia do Supremo.

Reganosa terá que pedir agora unha autorización nova para poder operar. O principal accionista é o grupo Tojeiro. O segundo, tras a saída de Gas Natural este febreiro pasado, é a Xunta. 

Esta conclusión, aponta o alto tribunal, non se opón que en xuño de 2012 a Consellería de Medio Ambiente da Xunta, como tampouco “altera a nosa conclusión” o recursos contencioso dirixido contra esta modificación do PXOM. “Trátase de feitos posteriores á presentación da solicitude”, icinde.

No momento de presentar a solicitude, indican desde o TS, o mesmo que cando se deu autorización e cando se ditou sentencia recorrida, “non existía un instrumento de ordenación urbanística que servise de apoio á instalación para a que se pedía autorización”.

Reganosa terá que pedir agora unha autorización nova para poder operar. O principal accionista de Reganosa é o grupo Tojeiro. O segundo, tras a saída de Gas Natural este febreiro pasado, é a Xunta. 

Comentarios