Repostar en Galiza: un negocio para petroleiras e Xunta

Feijóo agardou á (enésima) suba do prezo dos combustíbeis na Galiza para denunciar publicamente o aumento e criticar que sexamos o territorio do Estado co gasoil máis caro. Mais gardouse moito de explicar os porqués. Nós contámoscho.

gasolina5

Houbo un tempo no que Galiza era dos territorios do Estado coa gasolina máis baixa, mais iso foi antes da liberalización do mercado dos carburantes (até entón un monopolio en mans de Campsa). Curiosamente, e malia esa liberalización, en dous anos Galiza xa tiña o prezo da gasolina máis cara de todo o Estado español. Un chimpo en que o proceso de liberalización no noso país foi moito menor e máis lento que no resto do Estado. Desde entón (hai 14 anos!), o noso país sempre estivo nos primeiros postos das comunidades cos combustíbeis máis caros.

Segundo un estudo do sitio de finanzas especializado de 'Fintonic', cada galego gasta unha media de 111 euros/mes en gasolina. Os que máis pagamos de toda a península. "Supón, ao ano, por volta duns 310 ou 320 euros máis que se botásemos gasolina co prezo medio do resto do Estado español".

Desta volta ás portas da Semana Santa, cunhas previsións por parte da DGT de máis dun millón de desprazamentos pola rede viaria galega neses días de asueto. O presidente da Xunta saíu publicamente sinalando as petroleiras como únicas responsábeis de que Galiza tivese o gasóleo máis caro de todo o Estado español. Mais coidou se debullar os porqués.

Toda a información sobre este asunto, no Sermos Galiza nº93, xa disponíbel na nosa loxa e nos quiosques

Comentarios