Liberdade con cargos para o sindicalista da CNT que fixo parte dos piquetes da folga do 14-N

Darío S.A ficou en liberdade con cargos após prestar declaración a última hora da cuarta feira no xulgado de Compostela. O sindicalista da CNT, que fixo parte de piquetes informativos na Folga Xeral do 14N, fora detido o martes sob acusación de "danos e desordes"
Concentración da CNT pola liberdade dun sindicalista


A policía española prendeu esta terza feira o militante da CNT Darío S.A., que fixo parte de piquetes informativos co gallo da greve xeral do 14-N.

Após o seu paso a disposición xudicial á última hora do serán desta cuarta feira, o xuiz decretou a súa posta en liberdade con cargos, imputándolle "danos e desordes". Darío S.A. terá que presentarse o 1 e 15 de cada mes no xulgado.

As Forzas de Seguridade procederon ao rexistro do seu domicilio cunha escenificación, segundo fontes sindicais, desmesurada en canto a presenza de efectivos. Varias ducias de persoas concentráronse na Praza do Toural de Compostela en solidariedade con D.S.A. e para exixir a súa posta en liberdade.


Comentarios