O PIB da Galiza cae 0,3% en tres meses

O Produto Interior Bruto sobe 1% anual no terceiro trimestre mais cae 0,3% en relación ao segundo

obreiros construcion paro

O produto interior bruto (PIB) subiu 1% no terceiro trimestre  na Galiza en relación co mesmo período do ano anterior, mais baixou 0,3% en relación ao segundo trimestre, segundo os datos que publica esta sexta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Desde o punto de vista da demanda, no terceiro trimestre, a interna achega 0,9 puntos ao crecemento do PIB e a externa, 0,2. O consumo privado aumentou  0,2% e o público 5%.

Desde a óptica da oferta, rexistraron taxas positivas o sector servizos (2,1%) e o primario (0,9%), cunha leve caída do da construción (0,1%). Pola súa banda, as ramas industriais rexistraron unha taxa negativa de -2,5%.

Ademais, os datos de contabilidade trimestral do IGE mostran que o emprego -medido en termos de posto de traballo equivalentes a tempo completo- creceu no segundo trimestre 2,4%, o que supón un incremento de 24.154 postos respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

Por ramas de actividade, subiu en todas, 3,1% na construción, 2,7% nos servizos, 1,3% na industria e 0,6% no sector primario.

Pola súa parte, a Consellaría de Facenda, a través dun comunicado de prensa, destaca que a economía galega xa recuperou os niveis prepandemia en 2021, tres trimestres antes que a media do Estado español.

Comentarios