O persoal rexeita o preacordo asinado polos sindicatos maioritarios en Tragsa e que supón 600 despedimentos

O cadro de persoal da empresa pública rexeitou o pre-acordo asinado entre a dirección e CCOO, UGT e CSIF que contemplaba o despedimento de 58 traballadores en Galiza, 593 no conxunto do Estado español.

O pre-acordo atinxiuse a semana pasada en Madrid entre a dirección e CCOO, UGT e CSIF. A CIG non ten representación no comité intercentros e a CGT votou en contra. Desde entón estanse a realizar asembleas de traballadores para analizar e votar ese inicio de acordo.

Segundo informa a central nacionalista, en Galiza votaron 290 empregad@s (d@s 372 con dereito a facelo). 273 amosaron o seu rexeitamento a unha proposta que só contou con 10 votos a favor e sete sufraxios en branco.

Na Galiza votaron 290 empregados: 270 rexeitaron a proposta e só 10 apoiaron o pre-acordo

O pre-acordo contemplaba unha indemnización para os despedidos/as de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades, ademais dunha redución salarial e de xornada que tería unha vixencia de dous anos a partir de 2014. Ao mesmo tempo, apostaba por incrementar a mobilidade xeográfica do cadro de persoal.

No que respecta a Galiza, afirma a CIG, as rescisións de contrato concentraríanse maioritariamente na provincia de Ourense, onde se contemplaban 32, .

Comentarios