domingo 24/10/21

Perdemos algo en Madrid: As vagas de fondo e as dinámicas globais tras o resultado de Ayuso

No pasado proceso electoral de Madrid o máis destacado foi a votación que tivo o PP e o seu correlativo negativo, a derrota do conxunto das esquerdas, moi especialmente de UP e do PSOE. Resultou un premio fóra de todo límite a unha opción política e social que non acabamos de ver en que a merecía, é dicir, non temos moito que destacar nin en boa xestión nin en estímulo á vida social. Na explicación temos unhas poucas causas inmediatas, da campaña electoral, e outra serie de causas máis profundas e de longo prazo.  Das relativas á campaña electoral, primeiro temos a forma negativa da campaña: toda a esquerda centrou a campaña en “non a ela”: á parte do estúpido desa opción, “ela” converteuse no centro, eixo e estrela de toda a campaña. Vaia. Aplausos.
Díaz Ayuso
Isabel Díaz Ayuso, o día das eleccións (Imaxe: Nós Diario).
Un erro xa fundamental foi o da esquerda non ter entendido que significa Ayuso: houberon pensar que era unha ventureira sen capacidade persoal caída no medio do baile. Pero Ayuso, é dicir, o PP, si, pero dentro del a opción Ayuso, é…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios