Patronal asina con CCOO e UXT un preacordo para subir os salarios até en 3%

CIG considera “vergoñenta” esta suba cando, denuncia, desde 2009 os salarios caeron en 15%.

sindicatos patronal pedro sanchez la moncloa

Os sindicatos CCOO, UXT e as patronais CEOE e Cepyme rubricaron un preacordo que establece un incremento anual dos salarios de “en torno” a 2% mais outro 1% adicional –ligado “a evolución da produtividade, resultados, absentismo inxustificado we outros”, en función do fixado por cada convenio.

Este novo Acordo para o emprego e a negociación colectiva AENC) afecta a case 6 millóns de traballadores e traballadoras ten vixencia desde este 2018 até 2020. A intención, sinalan os promotores, é mandar unha mensaxe de recuperación dos salarios após varios anos de estar a economía a medrar en 3%.

O texto tamén recolle que o salario mínimo de convenio ha de acadar “de forma progresiva” os 14.000 euros. É, pois, mil euros mensuais. Un compromiso na liña do pactado co goberno español do salario mínimo interprofesional até os 850 euros en 2020.

O principio de acordo reupera, se ben cunha formulaión xenérica, as cláusulas de revisión salarial, vinculadas á evolución dos prezos.

Rexeitamento

Porén, para a CIG, os sindicatos CCOO, UGT e patronal “veñen de pactar un acordo regresivo cunha vergoñenta "suba" salarial de "en torno ao 2%" até 2020, cando os salarios diminuíron máis dun 15% desde 2009”. “Os nosos dereitos nunca virán da concertación social, senón da movilización”, afirma o sindicato nacionalista.

Comentarios