O FROB adquire o 99,95% do Banco Gallego

O FROB comezou xa o proceso de subasta de Banco Gallego, polo que presentaron ofertas non vencellantes Banco Sabadell, Banco Espírito Santo e Banesco. Esta venda ten que estar feita antes do 30 de abril
banco gallego

O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) pasa a controlar o 99,95% do Banco Gallego, entidade que poasa a ser a cuarta nacionalizada polo goberno españolapós Catalunya Banc, Bankia e NGB. Esta operación realizouse na ampliación de capital cunha inxección de 80 millóns de euros do FROB a través de NGB Banco. Pequenos inversores suman por volta de 42.000 euros.

Cómpre lembrar que o FROB comezou xa o proceso de subasta de Banco Gallego, polo que presentaron ofertas non vencellantes Banco Sabadell, Banco Espírito Santo e Banesco. Esta venda ten que estar feita antes do 30 de abril

Importantes investidores neste banco, como Amancio Ortega, non se sumaron a esta ampliación de capital. 

Comentarios