Montoro xustifica os recortes na necesidade de recadar para pagar as nóminas

O ministro de Facenda afirma no Congreso que o funcionariado entende as medidas porque sabe "que non hai cartos nas arcas públicas"
Cristóbal Montoro. Foto: RTVE
photo_camera Cristóbal Montoro. Foto: RTVE

O ministro de Facenda español compareceu no Congreso dos Deputados para xustificar na sesión de control a decisión do goberno de recortar salarios nos empregad@s públicos e de subir o IVE. Cristóbal Montoro botou man en varias ocasións do argumento de que "non hai cartos" para defender esas medidas, pois, apuntou, é preciso aumentar a recadación pois se non estaría "en risco o pago das nóminas", algo que, engadiu, xa acontece nalgunhas comunidades autónomas e corporacións locais.

Montoro mesmo sinalou que esta situación é coñecida polo funcionariado, que asumiría estes sacrificios "para sacar España adiante". O ministro afirmou que "eles (pol@s funcionari@s) saben mellor que ninguén que non hai cartos nas arcas públicas e que o seu salario depende dos impostos, e son os primeiros que no seu predicamento, na súa conducta e no seu traballo de cada día están dispostos a sacar España adiante".

 IVE

En canto á suba do IVE, Cristóbal Montoro explicou que a decisión foi unha 'recomendación' do Fondo Monterio Internacional, alén de afirmar que o que se recade con este incremento do imposto indirecto vai ir destinado a financiar os servizos públicos".

Comentarios