CIG convoca esta quinta feira unha mobilización contra un pacto social que "é un engano" para amparar máis recortes

Mobilizacións de delegad@s en varias comarcas do país desenvolveranse esta quinta feira, convocadas pola CIG, para rexeitar un 'pacto social' que conlevarámaís pobreza e precariedade para a cidadanía.

 

Folga Xeral

Non a un pacto social que nada resolve e pola exixencia de que se muden “as políticas antisociais e antiobreiras que está a facer o goberno”. Estas son dúas das reivindicacións que @s delegad@sda CIG plasmarán esta quinta feira a través das asembleas e mobilizacións que desenvolverán en varias comarcas do país. Unhas protestas nas que tamén se pedirá a dimisión do executivo español e que se abra un novo proceso electoral “que posibilite que forzas políticas que estean do lado da clase obreira sexan maioría nos Parlamentos”.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, considera que dadas as actuais circunstancias “este é o momento máis inoportuno” para propor un pacto das características do que están a promover os sindicatos españois CCOO e UGT. Lembra que a CIG é contraria a esa dinámica, logo da experiencia que ten do que foron os pactos sociais asinados até o de agora a nivel de estado. “Normalmente veñen acompañados dunha importante perda de dereitos para a clase traballadoras, ben con medidas de flexibilización das relacións laborais, ben do fomento da contratación temporal ou de medidas para incentivar a contratación temporal”.

“O pacto é un engano”

Denuncia que so pretexto de favorecer a creación de postos de traballo, até o de agora eses pactos o único que fixeron foi “favorecer o incremento dos beneficios das empresas a custo de que as traballadoras e traballadores renunciaran os seus dereitos”. Alerta ademais de que lonxe de favorecer melloras nas condicións laborais e sociais, o que provocan é a desmobilización da clase traballadora.

Mobilizacións convocadas.

•    Santiago de Compostela: ás 12:00 horas, concentración diante da Xunta de Galiza.

•    A Coruña: ás 11:00 horas, concentración diante da Delegación do Goberno.

•    Lugo: ás 12:00 horas, concentración-pitada diante da sede do PP (r/Poeta Ramón Cabanillas).

•    Vigo: ás 11:30 horas asemblea aberta de delegados/as diante do MARCO.

•    Pontevedra: ás 12:00 horas manifestación dende a Praza da Ferreiría até a sede da patronal.

Comentarios