venres 18/09/20

Inditex prevé fechar máis de mil tendas, até 300 no Estado español

Entre este ano e 2021.

Tenda de Pull&Bear
Tenda de Pull&Bear

Inditex decidiu fechar entre 1.000 e 1.200 tendas entre 2020 e 2021, das que entre 250 e 300 están situadas no Estado español, segundo informou a propia empresa esta cuarta feira, após anunciar perdas de 409 millóns de euros, as primeiras desde que saíu a Bolsa en 2001, como consecuencia do impacto económico da crise sanitaria do Covid-19.

O grupo fundado por Amancio Ortega, que reduciu  60% o seu dividendo total, desde os 0,88 a 0,35 euros, e ten posposto un ano o pago do extraordinario, precisou que o valor neto contábel deste plan de absorcións (peches) é de 308 millóns de euros e incluíuse na conta de resultados do primeiro trimestre 2020.

Inditex, que conta cunha rede de 7.412 establecementos a 30 de abril, explicou que devandito plan, que inclúe entre 500 e 600 unidades cada ano, céntrase en tendas ao final da súa vida útil, sobre todo dos formatos novos e cuxa venda se pode recuperar en tendas próximas e 'online'.

Do total de tendas a fechar entre este ano e o que vén, entre 250 e 300 corresponden a Zara, seguido de Pull & Bear (entre 140 e 165) e Bershka (entre 135 e 160).

"Aínda que o resultado antes de impostos correspondente ás tendas a absorber representa entre 3% e 4% do total do grupo, espérase compensalo plenamente co aumento de vendas de tendas próximas e 'online' e polas eficiencias xeradas pola mellora na función de compra e a xestión de inventarios, impulsando un maior volume de vendas a prezo completo a longo prazo", explicou a firma téxtil, que precisou ademais que este plan representa entre 5% e 6% das vendas totais.

Do total de tendas a fechar entre este ano e o que vén, entre 250 e 300 corresponden a Zara, seguido de Pull & Bear (entre 140 e 165) e Bershka (entre 135 e 160).

"Unha rede de tendas de alta calidade, nas mellores localizacións e con venda 'online' espérase que xeren un crecemento das vendas comparables a longo prazo de entre o 4% e o 6% anuais", explicou Inditex, que espera que estas iniciativas "resulten en maiores niveis de rendibilidade e menor intensidade de capital".

comentarios