447 empresas nacen e outras 274 disólvense na Galiza no inicio do ano

Un total de 152 compañías ampliaron capital en xaneiro na Galiza e 46 reducírono.
Nove de cada dez empresas dedícanse ao sector servizos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Nove de cada dez empresas dedícanse ao sector servizos. (Foto: Nós Diario)

Galiza rexistrou un total de 447 sociedades mercantís en xaneiro de 2024, o que supón un 16,4% que no mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) esta segunda feira. As 447 empresas creadas supón o segundo mellor dato nun só mes no conxunto do país desde marzo de 2017, dato só superado polas 454 de marzo de 2023. É a segunda maior creación de compañías en sete anos.

O 16,4% de incremento está tres puntos por riba do 13,1% de avance que anota a media estatal neste comezo de 2024. Aragón (40,4%) lidera o incremento, mentres que no outro extremo fica A Rioxa, en números negativos, cunha caída de 20% no período en comparación.

O capital desembolsado para a constitución destas compañías foi de 59,6 millóns de euros na Galiza. Todas as empresas creadas foron sociedades limitadas (SL) na este pasado mes de xaneiro.

Mais a disolución de empresas tamén se disparou un 42% na Galiza en xaneiro de forma interanual, até un tota de 274. Supón o terceiro maior incremento entre comunidades. Do total de compañías que desapareceron, 239 fixérono de forma voluntaria, 22 por fusión e 13 doutro tipo.

Pola súa parte, un total de 152 compañías ampliaron capital na Galiza (147 SL e 5 SA) por valor de 86,5 millóns de euros. En cambio, 46 empresas reduciron capital por 27,5 millóns. Só unha realizou desembolso de dividendos pasivos.

Comentarios