Os bombeiros da empresa Veicar, concesionaria de sete parques na provincia da Coruña, deron comezo a unha folga indefinida, unha protesta coa que toman o relevo dos peches en instalacións que protagonizaron en días pasados. O motivo da folga reside, sinalan do comité de empresa,no novo horario que quere impoñer a compañía e que consideran inasumíbel. Tamén afirman que están dispostos a poñer máis denuncias contra Veicar (en xuño puxeron máis dun cento).
Os traballadores levan tempo denunciando a precariedade de condicións coa que teñen que desenvolver a súa labor, incidindo especialmente no corto do cadro de persoal, entre outras cuestións.