Drenar salarios para beneficios empresariais

Entre o inicio da década dos oitenta e hoxe a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos. Un descenso que foi en beneficio das rendas de capital e que evidencia un trasvase que non tivo comparanza nin noutros territorios do Estado español nin no contexto europeo. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 284.

Edificio imaxe de UB

4A crise non o explica todo. Non se pode restrinxir ou reducir a estes anos de recesión un proceso que vén de máis lonxe e cuxos efectos deixan unha pegada que, todo apunta, vai perdurar anos. Nestes anos de crise houbo un cambio de tornas de enorme calado: o peso dos beneficios empresariais superou ao dos salarios no Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza. Mais esta  situación tiña as raiceiras e orixes en anos ben atrás. Un proceso no que se deu unha drenaxe ou trasvase das rendas salariais a favor dos beneficos das empresas.

Entre 1981 e 2014 a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos. Era 62% do PIB e pasou ser 44%. Ao tempo, a participación das rendas do capital no PIB galego pasou de 34,4% (1981) a 46%. Un aumento de 12 puntos.

Uns dados que amosan que Galiza está entre os países da Unión Europea con menor participación dos salarios na riqueza do seu país: 44%, o que é 3,4 puntos menos que a correlación que se dá no Estado español e 4 puntos menos que na UE.

“Temos unha situación na que a participación dos salarios no PIB é moito menor en Galiza que na media do Estado español e xa non digamos Europa”, afirma o economista Manuel González.
Estamos, logo, perante, unha situación de trasvasamento que merece mirarse detidamente e con lupa.
 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 284, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios