CUT denuncia que a subdelegación do Goberno español na Galiza "está ao servizo da persecución política"

A central volve por de relevo as sancións ditadas contra a súa militancia en particular e o sindicalismo combativo en xeral pola participación na folga xeral do 14 de novembro de 2012

photo_camera [Imaxe: CUT-Galiza]


O sindicato CUT denuncia a connivencia da Subdelegación do Goberno español coa policía á hora de abrir "de maneira discrecional" expedientes sancionadores contra militantes que se mobilizaron na greve xeral do 14 de novembro de 2012.

En Compostela, as sancións ditadas contra esta central chegan xa á media ducia e veñen sumarse a aquelas emitidas contra outros sindicatos en todo o País, situándose do lado "da persecución política e sindical". ​As acusacións que se lles comunican son "desobediencia", "interrupción da vía pública" ou "faltas á orde".

"Non nos preocupa isto, senón a función parapolicial da administración", asevera Brais González, responsábel de acción sindical da CUT na capital galega, quen acrecenta que "non se observa ningunha garantía democrática e se basea na versión unívoca dos axentes que perseguen folguistas".

Comentarios