CIG teme que o PP baleire de contido e sentido a ILP da tarifa eléctrica galega

O sindicato solicitou xuntanzas cos grupos parlamentares para coñecer as súas emendas á iniciativa.

Parlamento da Galiza
photo_camera Parlamento de Galicia

A CIG solicitou xuntanzas con todos os grupos con representación no Parlamento de Galiza para coñecer o sentido das emendas presentadas á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola tarifa eléctrica galega. Agás o PP todos atenderon a solicitude da central sindical. As reunións terán lugar esta cuarta feira.

A iniciativa foi sometida a debate no Parlamento de Galiza en xaneiro de 2016. Chegou á Cámara co apoio de máis de 18.000 sinaturas, máis de 50 concellos –entre eles os de seis das sete grandes cidades- e tres deputación: Pontevedra, Lugo e A Coruña. A cámara apoiou por unanimidade a ILP. Porén, sinala o sindicato, a partir dese momento foi paralizada intencionadamente e sen xustificación algunha. Paulo Carril, secretario xeral do sindicato,

Embora contar cun informe xurídico previo favorábel, o grupo parlamentario do PP solicitou dous novos informes xurídicos ao corpo de letrados do Parlamento.  Que consideraron a ILP correcta e axustada á lexislación. O último, “transcorridos dous anos desde que se iniciara o proceso de recollida de sinaturas, en maio deste mesmo ano, argüíndo que era unha cuestión moi técnica e solicitando a comparecencia de diferentes persoas do sector eléctrico”. A CIG lembra que compareceron 10 persoas que defenderon posicións diferentes. O portavoz do PP considerouna inconstitucional, chegando a denominala tarifa “separatista”. Asegurou mesmo que carecemos de competencias para adoptar medidas para afrontar a pobreza enerxética.

Esta é, a preocupación da CIG. “Que se intente desbotar unha ILP considerada correcta e axustada á lexislación polos servizos xurídicos da cámara pero “inconstitucional” para un PP embarcado nun proceso obsesivo de recentralización do Estado e de usurpación da soberanía do Parlamento de Galiza”. Para o secretario xeral da CIG, Paulo Cartil, “é inadmisíbel que nos digan unha e outra vez que non temos capacidade de decisión política sobre os nosos recursos.

Comentarios