A banca fechou case unha de cada catro sucursais na Galiza nestes tres anos

Desde 2020 recortou a rede de ofincias en 22,6%.
As entidades bancarias derivaron aos caixeiros automáticos a maioría das xestións que antes resolvían de forma presencial na oficina. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Un total de 1.513 sucursais bancarias botaron o fechamento na Galiza desde 2008. (Foto: Nós Diario)

A rede de oficinas, nunha dinámica que afecta tanto á Galiza como ao Estado e que fixo minguar notabelmente o número de sucursais físicas, tanto no espazo rural como no urbano. O Banco de España achegou esta segunda feira os datos polos que se rexistra como entre os meses de xuño de 2022 e xuño de 2023 o número de oficinas que na Galiza foron fechados foi apenas 1,1% do total. Porén, eses mesmos datos do Banco de España sinalaban que entre xuño de 2020 e xuño do prese4nte exercicio, a porcentaxe de sucursais que desapareceron no país foi de 22,6%, unha de cada cinco. 

O órgano encargado de supervisar o sistema bancario español non fornece máis datos alén destas porcentaxes. Porén, a propia entidade, nun informe publicado recentemente profundaba neste decorrer de fechamentos de sucursais.

Aí, a Galiza Galiza situábase á cola do Estado en oficinas bancarias por habitantes. Segundo os datos ofrecidos polo Boletín Estatístico do Banco de España, o país contaba con 3,8 sucursais de entidades de crédito por cada 100.000 habitantes, unha cifra 0,9 puntos inferior á media estatal, situada en 4,7 sucursais por cada 100.000 habitantes. Neste sentido, confírmase que o proceso de exclusión financeira é máis intenso na Galiza que no conxunto estatal.

Un total de 1.513 sucursais bancarias botaron o fechamento na Galiza desde 2008 até inicios do presente ano. En 54 concellos non hai ningunha sucursal e en 131 só hai unha odficina.

O estudo sobre densidade financeira no espazo comunitario elaborado polo Banco Central Europeo (BCE) para 2021 certifica que o proceso de reconversión bancaria na Unión Europea foi menos duro que na Galiza. 

Así, a Eurozona rexistra de media 3,9 sucursais bancarias por cada 100.000 habitantes, Francia 4,8 sucursais bancarias por cada 100.000 habitantes, Italia 4 sucursais bancarias por cada 100.000 habitantes, presentando Portugal unhas cifras análogas a Galiza.

Comentarios