sábado 28.03.2020

AGV-Fruga atinxiu 4 vogais nas elección aos consellos reguladores

Non puido presentar candidatura en catro consellos por un “veto” que o sindicato xa anuncia que recorrerá “nos ámbitos legais oportunos”

Asemblea da Fruga
Asemblea da Fruga

AGV-Fruga vén de manifestar a través dun comunicado a súa satisfación cos resultados das eleccións aos consellos reguladores. As súas candidaturas atinxiron 4 vogais cifra que non foi maior, apuntan, por mor "do veto de catro candidaturas de FRUGA a varios Consellos Reguladores”.

A candidatura da Asociación Galega de Viticultura-FRUGA encabezada por Alfonso Fernández foi a lista máis votada nas eleccións na denominación de orixe Monterrei no sector productor. Na subzona Condado-Soutomaior da D.O. Rias Baixas, no censo productor de máis de 2 hectáreas, a candidatura de AGV-FRUGA tamén foi a lista máis votada, acadando Antonio Álvarez (Agromiño S.L.) o único posto en dispusta neste censo para o pleno no Consello Regulador.

 Por outro lado, na Denominación de Orixe Ribeira Sacra elaborouse unha única lista de consenso para o Consello Regulador da que formou parte AGV-FRUGA. E tamén acadou un vogal no censo de pequenas adegas en Valdeorras

 A Federación Rural Galega afirma que para unha “ organización agraria con apenas dous anos de vida, os resultados destes procesos electorais non poden ser máis que avaliados como satisfactorios”

comentarios