O valor na contabilidade de NCG foi, nun primeiro momento, de 1.800 millóns de euros. Esa era a cifra reflectida no que se denomina 'os libros', o documento que debe recoller fidelmente a valoración real de entidades empresas ou organismos. Mais, finalmente, a valoración final de Novacaixagalicia foi de 188 millóns de euros. Un desfase tal que motivou sospeitas, interrogantes e mesmo peticións de investigación ante a Fiscalía Anticorrupción. Unha de dúas: Ou a contabilidade oficial dos 'libros' mentía ou ben a valoración final respostaba a intereses escuros, que ben poderían estar relacionados co proceso de privatización.
A recente querela da Fiscalía contra a Corrupción e Criminalidade Organizada por un presunto delito de defraudación contra Julio Fernández Gayoso e outros 4 directivos de Novacaixagalicia tamén aborda, aínda que sen produndizar , a cuestión desta baixa valoración. No escrito da Fiscalía indícase que o 22 de setembro tres empresas auditoras emitiron os seus informes de valoración sobre NCG, tomándose como referencia o da Banca Rothschild que era a que valoraba a nova entidade galega en 188 millóns de euros. E, lembran representantes d@s traballador@s, José María Castellano tiña cargos de responsabilidade no no grupo Rothschild
MÁIS INFORMACIÓN NO SERMOS GALIZA NÚMERO 4