A UE aproba rescatar a Chipre mais con cartos dunha taxa sobre todas as contas bancarias da illa

O Eurogrupo acordou destinar 10.000 millóns de euros a rescatar Chipre. Mais cunha condición: Todas as contas existentes nesta illa mediterránea terán que pagar un imposto (do 9,99% para as que superen os 100.000 euros; 6,75% para os de menos cantidade). Nicosia impedirá retirar os cartos para se asegurar que esa taxa será pagada

Gran parte desta inxección de 10.000 millóns de euros van para recapitalizar un sector financeiro que estaba desde hai meses nunha situación crítica, após a quita da débeda aprobada pola veciña Grecia.O Eurogrupo acordou destinar 10.000 millóns de euros a rescatar Chile. Mais cunha condición: Todas as contas existentes nesta illa mediterránea terán que pagar unha taxa (do 9,99% para as que superen os 100.000 euros; 6,75% para os de menos cantidade). Nicosia impedirá retirar os cartos para se asegurar que esa taxa será pagada. Algúns medios internacionais mesmo falan dun corralito.

Mais no rescate a Grecia hai tamén unha folla de ruta que contempla un ambicioso plan deprivatizacións e un axuste orzamentario do 4,25% do PIB.

A finais de 2011 Nicosia tivo que negociar un crédito bilateral con Rusia por valor de 2.500 millóns de euros para satisfacer as súas necesidades de capital. O Banco Central de Chipre calculou que en 2012 o pequeno país mediterráneo sufíu unha contración do 1,1 % e unha caída adicional do 0,4 % en 2013.

As medidas de austeridade adoptadas polo Goberno chipriota e o agravamiento da situación elevaron o desemprego por riba dun 10 por cento, cando hai catro anos non chegaba ao 3 por cen. 

Comentarios