venres 10.07.2020

Os xogadores do Lugo, retidos dúas horas no campo do Girona

Un centenar de seareiros locais impediron que o equipo galego abandonara o estadio despois do empate no minuto 91 que deixou ao equipo catalán sen o ascenso directo.

Girona-Lugo (Foto:@casadelfutbol)
Girona-Lugo (Foto:@casadelfutbol)


Os xogadores do Lugo estiveron dúas horas retidos no estadio do Girona dúas horas despois do final do partido. Un centenar de seareiros locais impediron ao equipo galego abandonar o Municipal de Montilivi após o Lugo empatara no minuto 91 deixando sen o ascenso directo ao conxunto catalán.

O encontro estivo marcado pola polémica. No tempo engadido, o colexiado anulou por fóra de xogo un gol do Girona. O xuíz de liña, que acertou na decisión, recibiu o golpe dunha botella desde a bancada e o partido suspendeuse. Co adestrador do Lugo, Quique Setién, en rolda de prensa e os xogadores no vestiario, o árbitro reanudou o encontro para xogar os 40 segundos que restaban.

Unha polémica que medrou coas declaracións de Francisco Sandaza, ex futbolista do Lugo, que insinuou que o equipo galego estaba primado: 

comentarios