Vitoria sen premio para Ana Peleteiro en Madrid

A galega gaña no triple salto pero non logra a mínima para estar no próximo Mundial.
Ana Peleteiro nun triplo salto feminino durante o Mundial de atletismo en pista cuberta Gold Madrid 21 (AFP7 / Europa Press).
photo_camera Ana Peleteiro nun triplo salto feminino durante o Mundial de atletismo en pista cuberta Gold Madrid 21 (AFP7 / Europa Press).

Vitoria amarga para a galega Ana Peleteiro no Meeting de Madrid.

A de Ribeira foi a mellor no triplo salto, voando até os 14.15 metros, a máis destacada que rexistrou desde que regresara logo da súa baixa por maternidade.

Con este salto, que correspondeu ao seu segundo intento, Peleteiro logrou rematar na primeira posición, seguida pola italiana Dariya Derkach, que concluíu a tan só un centímetro de distancia.

Non obstante, a medallista olímpica en Toquio 2020 non alcanzou as mínimas de 14.25 que esixe a Real Federación Española de Atletismo ou de 14.52 que demanda a World Athletics para estar no próximo Mundial de Hungría.

Xa que logo, a derradeira esperanza da saltadora galega está no Campionato de España que se levará a cabo na localidade de Torrent (Valencia).

E, cambiando o foxo de salto pola pista, o tamén galego Adrián Ben, flamante campión de Europa en pista cuberta, foi terceiro nos 800 metros lisos cun tempo de 1:44.72.

Comentarios