VÍDEO | A 'Oliveira dos cen anos' do Celta triunfa no mundo enteiro: Así soa nun ximnasio dos EUA

Nas últimas horas fíxose viral un vídeo dun ximnasio dos Estados Unidos en que, nunha aula, se pode escoitar o himno do equipo celeste que serve de ritmo para a realización dun exercicio.
O ximnasio dos EUA en que soou a 'Oliveira dos cen anos'.
photo_camera O ximnasio dos EUA en que soou a 'Oliveira dos cen anos'.

“Oliveira dos cen anos, cría raíces de prata”, un dos versos do himno do centenario do Celta de Vigo elaborado por C. Tangana, Oliveira dos cen anos, pode ouvirse cada día de partido no estadio de Balaídos na cidade olívica e por toda a Galiza. Mais o coñecido tema ten saltado as fronteiras da Galiza e pode escoitarse en boa parte do mundo.

Nas últimas horas fíxose viral un vídeo dun ximnasio dos Estados Unidos en que, nunha aula, se pode escoitar o himno do equipo celeste que serve de ritmo para a realización do exercicio.

Máis himnos

Con todo, A Oliveira dos cen anos de C. Tangana non é a única canción que quere render homenaxe aos cen primeiros anos de vida do Real Club Celta.

Ás moitas propostas musicais que xurdiron nos últimos meses súmase agora o Himno do Centenario do Celta composto polo catedrático José Manuel Fernández coa participación de medio cento de músicos e músicas de distintos países.

Celta-Real Sociedad

Este sábado, o Celta competía na Liga contra a Real Sociedad de Euskadi, rematando o partido con resultado negativo para os vigueses. Os de Rafa Benítez deixaron escapar por 0-1 un encontro ante os vascos que se repetirá esta terza feira, mais desta vez en competición copeira.

O gol do encontro foi asinado polo ex celeste, Brais Méndez. Un tanto espectacular que provoca que o Celta deteña a progresión que viña mantendo na táboa de clasificados até o momento.

Comentarios