UEFA recúa e o Celta locerá o tríscele na competición europea

A equipa volverá levar o símbolo celta no encontro desta quinta feira contra o Ajax.

celta trisquel

O Celta volverá lucir o tríscele na súa camisola na Europa League. A UEFA recuou no seu veto inicial e a equipa galega volverá xogar levando o elemento identificador da cultura celta, un símbolo que recupera esta quinta feira perante o Ajax. A UEFA rectificou após as xestións realizadas polo clube celeste.

“Este símbolo estará situado exactamente no mesmo lugar da camiseta que nos partidos de Liga. Se o RC Celta accede á seguinte fase, o trisquel situarase lixeiramente máis arriba, próximo ao pescozo da camiseta, para cumprir coas esixencias de UEFA”, manifesta o club nun comunicado.

O RC Celta expresou a súa satisfacción polo éxito das xestións “e o regreso á camiseta en competición europea deste recoñecíbel símbolo da cultura celta”.

Comentarios