xoves 02.07.2020

Tres galegas participarán no Mundial de Fútbol Praia

Andrea Mirón, Carolina González e Sara Tui serán as representantes galegas na Copa do Mundo de Fútbol Praia que se realizará en Catar.
[Imaxe: RFGF] Sara Tui e Carolina González
[Imaxe: RFGF] Sara Tui e Carolina González

As galegas Andrea Mirón (que milita no PM Friol), Carolina González (Málaga FC) e Sara Tui (Madrid CFF) foron seleccionadas para competir no Mundial de Fútbol Praia que terá lugar en Catar. 

Para Andrea Mirón é un "soño" e un "orgullo" formar parte "deste feito histórico", e afirma que o que toca agora é "demostrar" do que son capaces ante equipos como México, Cabo Verde ou Brasil, os seus rivais na primeira rolda. 

comentarios