Os 'Special Olympics' de fútbol sala serán en Ourense

As persoas con diversidade funcional serán as grandes protagonistas.
A acción terá lugar no Paco Paz (Foto: Special Olympics).
photo_camera A acción terá lugar no Paco Paz. (Foto: Special Olympics).

Os denominados oficialmente como 'Xogos Autonómicos de Fútbol Sala para Persoas con Discapacidade Intelectual-Trofeo Carlos Outeiriño Special Olympics Galiza' alcanza este próximo domingo, día 22 de outubro, a súa edición número 28.

A competición desenvolverase no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, onde un total de 279 persoas, das cales, segundo confirma a organización, 194 contan con algún tipo de diversidade funcional de tipo intelectual, participarán nunha intensa xornada de fútbol sala que comezará ás 9 horas da mañá e rematará ás 20 da tarde. 

O obxectivo de fondo do evento é "a mellora da calidade de vida da persoa con discapacidade intelectual a través da práctica deportiva, fomentando, facilitando e promovendo o seu acceso ás actividades físicas nunha contorna e condicións o máis normalizadas posíbeis", porque está demostrado que esta "favorece o desenvolvemento físico, psíquico, emocional e social da persoa con discapacidade".

Na presentación, que tivo lugar onte na sede da Deputación de Ourense, participaron a deputada de Política Social, Patricia Torres; o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e o deportista adaptado Pablo Puente.

Comentarios