luns 06.07.2020

A selección galega oficial volverá xogar en 2016

A Federación Galega de Fútbol comezou as xestións para que se produza un encontro, segundo avanzou a TVG. 

selección
selección

Segundo adiantou a Televisión de Galiza a selección galega volverá ao terreo de xogo en 2016 e farao ao abeiro da Federación Galego de Fútbol. O encontro podería ter lugar antes da Eurocopa de Francia e xa se estarían a desenvolver xestións. 

Desta maneira, a Federación acolleu as demandas de xogadores como Iago Aspas (Celta) e Lucas Pérez (Dépor). 

Entretanto, o 26 de decembro Siareiras Galegas organiza un encontro entre combinados galego e senegalés nunha xornada de reivindicación do carácter oficial das seleccións nacionais. 

comentarios