19ª xornada

O Rayo propínalle catro goles ao Celta

Nada puido facer o Celta ante a forza e a capacidade goleadora do Rayo Vallecano. Aínda que os vigueses chegaron a ir diante no marcador -durante apenas 20 minutos- acabaron sucumbindo. Un hat trick de De Tomás serviu para decidir o encontro.
 

hugo-mallo-rayo-vallecano-celta-vigo-liga-vallecas-110119
photo_camera Hugo Mallo disputa un balón no partido contra o Rayo Vallecano. Foto: RC Celta.

O partido foi dinámico, por intres entolecido, aberto. Os madrileños marcaron aos tres minutos de iniciado o xogo (De Tomás), pero os galegos reaccionaron. Néstor Gómez no seu debut coa camisola celeste e Maxi Gómez deron a volta ao marcador. Era o mintuo 17 e ían 1-2.

Pero vinte minutos máis tarde, De Tomás marcou o empate. O balón pasaba dunha área a outra nunha sucesión de ataques e contraataques en que ninguén parecía ter o control. Así foron ao descanso.

No inicio da segun da parte, o gardameta do Celta -Rubén Blanco- empregouse a fondo con varias paradas de mérito. Os vigueses, pola súa banda, seguían chegando igualmente a porta. Pero no minuto 76, Bebe volveu poñer o Rayo por diante. Xa sobre o pitido final, De Tomás acabou de liquidar os vigueses.

Ficha técnica

Rayo Vallecano: Dimitrievski; Advíncula, Velázquez, Ba, Amat, Álex Moreno; Comesaña, Imbula (Medrán, minuto 73); Embarba (Álvaro, minuto 60), Trejo (Bebe, min 72) e De Tomás.

RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Juncà; Okay Yokuslu, Beltrán (Lobotka, minuto 77); Brais, Jozabed (Eckert, min 80), Boufal (Sisto, minuto 80) e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, De Tomás, minuto 3; 1-1, Araujo, minuto 12; 1-2, Maxi Gómez, min 17; 2-2, De Tomás, minuto 36; 3-2, De Tomás, minuto 76; 4-2, Bebe, minuto 90.

Árbitro: Javier Alberola Rojas. Amoestou Ba, Advíncula e Velázquez (Rayo Vallecano) e Brais Méndez (RC Celta).

Campo: Vallecas.

Comentarios