EMPATA SEN GOLES EN CáDIZ

O Rácing fía o seu futuro ao partido de volta

O futuro do Rácing de Ferrol decidirase na casa o vindeiro domingo, 29 de maio, após empatar a ceros co Cádiz no Carranza.

O Rácing de Ferrol déixao todo no aire até o encontro de casa após o partido sen goles disputado na tarde do sábado no Carranza.

Nin Rácing nin Cádiz dispuxeron de ocasións claras para marcar e deixaron a eliminatoria aberta para o partido de volta, que terá lugar o próximo domingo, 29 de maio, ás 17h na Malata.

Os ferroláns, que acusaron a falta de Joselu, controlaron o partido durante os 90 minutos e só sufriron nas perdas do balóns e coas accións individuais de Dani Güiza.

A afección racinguista pediu até dous penaltis –un deles claro por unha acción sen balón- e catro expulsións, dúas delas por agresións, que o árbitro non pitou.

Máis en DEPORTES
Comentarios