O Porriño busca o desquite ante Caixa Rural Valladolid

De gañar deixaría a permanencia case fechada.
A escuadra galega debe voar para seguir na máxima categoría. (Foto: Balonmán O Porriño).
photo_camera A escuadra galega debe voar para seguir na máxima categoría. (Foto: Balonmán O Porriño)

O balonmán de elite regresa mañá a partir das 18 horas ao Pavillón Municipal do Porriño, onde o conxunto local recibe o Caixa Rural Aula Valladolid nun encontro da vixésimo terceira xornada da Liga Guerreiras Iberdrola. 

O conxunto pucelano chega tras lograr unha vitoria pola mínima ante Balonmán  Morvedre (30-28), triunfo que o deixou -0con 24 puntos- na oitava posición da táboa da Liga Guerreiras, unha por enriba do Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño (20 puntos), que tamén chega a este choque co aval de vencer no seu último partido, no seu caso a Balonmán Saúde Tenerife (21-2).

O técnico da escuadra galega, Ismael Martínez, comezou a súa intervención previa ao partido explicando que a preparación do duelo co Valladolid estivo moi condicionada polo Campionato Universitario que se está disputando en Murcia, e no que moitas xogadoras porriñesas están convocadas en representación da Universidade de Vigo.

"Esta situación complica o traballo grupal e a preparación do grupo de fronte ao partido", engadindo xa con respecto a Valladolid que ambos os dous son "vellos coñecidos", o que significa que "a pesar de pequenos cambios de roles, como os condicionados pola baixa por maternidade de Lorena Téllez", poden permitirse preparar o encontro "menos que outros".

Con todo, Martínez non quixo quitar ferro a un partido "moi importante" para o Balonmán O Porriño, pois de gañalo suporía "certificar case matematicamente a permanencia" 

O Guardés homenaxea José Ignacio Prades

O adestrador do Atlético Guardés, o outro representante da Galiza na Liga Guerreiras, non continuará á fronte do equipo na próxima tempada. Iso significa que José Ignacio Prades dirá adeus á Guarda tras seis anos acumulando éxitos, debido a que non poderá seguir compatibilizando o posto co de responsábel técnico da selección estatal.

A marca que deixou o preparador petrerí no club e na localidade miñota levou a que a entidade organizase unha homenaxe hoxe na Sangriña. Así, as portas do pavillón abrirán arredor das 20 horas para toda aquela persoa "que queira expresar o cariño e a gratitude que José Ignacio merece".  

Comentarios