Primeira derrota da equipa de Setién nas últimas 5 xornadas

Caeu con clareza ante un Hércules superior (3-0).

O Lugo en ningún momento entrou no partido en Alicante fronte a un Hércules moi resolutivo en ataque.

Javito, Rosas e Portillo asinaron os goles do Hércules (1-0, m. 26; 2-0, m. 31 e 3-0, m. 71).

A primeira hora foi devastadora para un Lugo que sempre foi a reboque no xogo e que apenas dispuxo de oportunidades para pór a proba a Falcón, o gardamallas do Hércules.

O Lugo suma nestes momentos 30 pontos, na zona cómoda da táboa.

Comentarios