50º ANIVERSARIO DA S.D. COMPOSTELA

O Compos visto polas crianzas

Un certame de debuxo e un concurso de escaparatismo son as primeiras actividades para celebrar o 50º aniversario da S.D. Compostela.

 

Comezaron as actividades para celebrar o 50º aniversario da creación da S.D. Compostela coa mostra de debuxos realizada por estudantes de tres a doce anos de idade. O certame escolar pechou o prazo de presentación de obras o pasado 13 de abril e agora unha exposición recolle, de entre os case 300 presentados, os debuxos gañadores e os finalistas na Área Central de Compostela até o 11 de maio. Ese mesmo día entregaranse os premios aos mellores traballos que consistirán nunha viaxe a Madrid e catro bonos para a tempada 2012-2013 dos partidos da S.D. Compostela.
Outra das actividades é un concurso de escaparatismo destinado aos comercios de Compostela. A idea é que as cores do Compos aparezan por toda a cidade. Entre o 2 e o 19 de maio os concursantes deberán expoñer a montaxe final do seu escaparate e os gañadores saberanse o 21 de maio.

Comentarios