NAS FINAIS MASCULINA E FEMININA

Moaña e Samertolameu impóñense na categoría sénior do Campionato Galego de Bateis

Os dous equipos do Morrazo competirán en casa polo título español a vindeira semana xunto a Cabo da Cruz e Tirán, en categoría masculina; e Chapela e Mecos, en categoría feminina. 

Campionato Galego de Bateis (Foto: C.R. Chapela)
photo_camera (Foto: Club de Remo Chapela)


O porto de Vilaxoán acolleu esta fin de semana unha nova edición do Campionato Galego de Bateis. O Club de Remo Moaña confirmou o seu bo estado de forma e venceu en categoría masculina absoluta, após liderar o Clasificatorio sur do país sete días antes; mentres que e a Sociedade Deportiva Samertolameu revalidou por cuarto ano consecutivo o título en categoría feminina absoluta.

Os dous equipos do Morrazo competirán en casa a vindeira semana polo trofeo estatal, que se celebrará en Meira-Moaña. As outras dúas prazas na categoría sénior foron para Cabo da Cruz e Tirán, segundo e terceiro en masculino; e para o Chapela e o Mecos, respectivamente na feminina, segundo informa o portal 'TodoRemo'.

O equipo anfitrión, o Vilaxoán, demostrou unha vez máis a súa superioridade na categoría de promesas femininas.

O equipo anfitrión, o Vilaxoán, demostrou unha vez máis a súa superioridade na categoría de promesas femininas. Similar dominio confirmaron as bateleiras do Robaleira vencendo na final xuvenil, que en categoría masculina conseguiu de novo o Mecos, que chegará ao campionato estatal cunha temporada case perfecta.

Con superioridade gañaron tamén os cadetes de Cabo da Cruz, un club que conseguiu entrar nas sete finais galegas cos sete equipos masculinos e femininos. Finalmente serán tres as categorías nas que compita a próxima semana en aguas do Morrazo. Na categoría infantil, o Samertolameu foi o campión, seguido de Cabo da Cruz e Perillo. 

Máis en DEPORTES
Comentarios