Unha testemuña protexida que estaba no lugar dos feitos identifica os 6 presuntos asasinos de 'Jimmy'

A persoa asegura que estaba “a catro metros” dos feitos. Di que Francisco Javier Romero Taboada foi mallado cunha barra de ferro incluso cando caeu ao chan.

jimmy-crop

Unha testemuña protexida declarou o pasado mes de xullo para identificar as 6 persoas que, segundo a versión deste menor de idade, agrediron Francisco Javier Romero Taboada, 'Jimmy', o seareiro deportivista asasinado perto do estadio Vicente Calderón por ultras do Frente Atlético nunha emboscada. Segundo a testemuña, estas seis persoas participaron na agresión a 2 seareiros do Depor, recoñecendo que el propio se encontraba no lugar dos feitos, “a catro meses do suceso”.

A noticia, dada pola Cadea Ser, relata que esta testemuña asegurou que nun primeiro catro ultras do Frente Atlético agrediron un seareiro deportivista "máis corpulento" ao que botaron ao Manzanares. Despois, pasaron a agredir 'Jimmy', a quen bateron cunha barra de ferro. Cando caeu ao chan, pateárono e seguiron a mallar nel coa barra de ferro, segundo este relato, para proceder despois a tiralo inconsciente ao Manzanares.

Na actualidade non hai ningunha persoa presa por este asasinato. 

Comentarios