Iván Raña supérase en México

O triatleta galego gaña o Ironman de Cozumel coa vista posta no desafío de Kona en 2013.
Raña en Cozumel
photo_camera Raña en Cozumel

O deportista de Ordes demostrou en México que non hai distancias que se lle resistan. Na súa estrea na proba máis dura superou os seus rivais despois de realizar 3,8 quiilómetros a nado, 180 en bicicleta e 42,2 de carreira. Despois dos primeiros intentos en New York e Gales, quixo probar no mesmo lugar onde hai dez anos conseguira a súa primeira gran vitoria: Cozumel. 

Sen posibilidades de participar nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 por unha lesión, non quería rematar o ano sen conseguir un reto de máis altura. Antes quedara oitavo na final das Series Mundiais de Triatlón, segundo no campionato d Estado español e primeiro no medio Ironman de Lanzarote.

En México Raña conseguiu unha crono espectacular: 8:15.07, a máis de cinco e sete minutos dos seus perseguidores

A proba

En Cozumel Raña conseguiu unha crono espectacular: 8:15.07, a máis de cinco e sete minutos dos seus perseguidores. Entre os primeiros na proba de natación foi na proba de ciclismo onde preparou a que seria a súa vitoria traballada a fondo na maratón.

O belga Berte Jammaer e o holandés Bas Diederen non foron quen de seguir o seu ritmo e contentáronse co segundo e terceiro posto no podio. Os tempos dos seus perseguidores foron de Diederen (8:22:55), Jammaer (8:24:51), Blokhin (8:26:38), Johnsen (8:29:09) e Marsh (8:30:17).

Comentarios