Historia inacabada do deporte galego: "De Ponteareas para o mundo"

O das dúas rodas é un dos deportes que máis glorias reportou ao palmarés galego. Desde aqueles anos 40 nos que a familia Rodríguez fixo de Ponteareas o epicentro do ciclismo a nivel estatal até os éxitos do tamén ponteareán Álvaro Pino nos 80, sen esquecer os moito máis recentes triunfos de Óscar Pereiro no Tour de Francia de 2006 ou a breve pero inesquecíbel aventura do Xacobeo Galicia (2007-2010) no pelotón, finalizada abruptamente pola falta de apoio da Xunta cando o PP recuperou o Goberno.
Álvaro Pino gañou a Vuelta Ciclista a España no ano 1986 (Foto: Nós Diario).
photo_camera Álvaro Pino gañou a Vuelta Ciclista a España no ano 1986 (Foto: Nós Diario).
O ciclismo chega a Galiza da man do doutor coruñés Ángel Durán Villanovo , que en 1878 introduce no país o primeiro biciclo, aínda que habería que agardar até 1887 para a disputa da primeira proba…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios