A Galiza perde 12% dos seus deportistas federados

Este descenso duplica a media estatal, que baixa 5,1% entre 2021 e 2020.
Non será doado, pero unha total comuñón entre público e xogadoras é a única vía para que as lucenses alcancen o seu primeiro título. (Foto: Arenal Emevé).
photo_camera Non será doado, pero unha total comuñón entre público e xogadoras é a única vía para que as lucenses alcancen o seu primeiro título. (Foto: Arenal Emevé).

Malas cifras para o deporte galego. O Consello Superior de Deportes (CSD) vén de publicar o seu tradicional Anuario de Estatísticas Deportivas, que cada ano desde hai unha década elabora a división de Estatística e Estudios da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Cultura e Deporte, e a Galiza non sae ben parada.

Se no conxunto do Estado un total de 195.000 persoas deixaron de practicar deporte de forma federada, o que supón unha baixada de 5,1% con respecto ao ano 2020, os números son moito peores no caso galego.

Así, se en 2020 281.202 cidadás contaban cunha ficha federativa -cifra xa inferior ás 282.232 de 2019-, en 2021 o dato descende até as 248.766, o que representa unha caída de 11,53%, máis do dobre da que tivo lugar no Estado español, contexto no que o peso do deporte do país muda de 7,4 até 6,9%.

Se en 2020 281.202 cidadás contaban cunha ficha federativa -cifra xa inferior ás 282.232 de 2019-, en 2021 o dato descende até as 248.766

No referente aos clubs deportivos a situación non mellora, xa que, aínda que máis leve, tamén tivo lugar unha diminución, pois a Galiza pasou de ter 5.501 equipos en 2020 a 5.459 en 2021. 

Medra o deporte feminino

O dato positivo dentro deste contexto de abandono da práctica deportiva federada represéntao o aumento das fichas femininas, pois se ben aínda son moi inferiores ás masculinas -72.053 por 176.713-, estas medran 7,9% desde as 66.783 do pasado ano 2021. 

Comentarios