A Federación Española de Fútbol convoca as súas eleccións no medio da polémica

Os comicios, aos que se presentará o comunicador Carlos Herrera, serán o 6 de maio.
Carlos Herrera será candidato. (Foto: Europa Press).
photo_camera Carlos Herrera será candidato. (Foto: Europa Press).

A Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) aprobou "por unanimidade" a convocatoria de eleccións ao seu cargo de presidente, ocupado interinamente por Pedro Rocha logo da dimisión de Rubiales a causa dos numerosos escándalos xerados arredor da súa figura o pasado mes de setembro de 2023.

Os comicios federativos desenvolveranse o 6 de maio do presente ano, dando paso despois a outro proceso electoral para elixir a nova Asemblea antes do final de 2024.

Así o indicou a propia RFEF, engadindo que a convocatoria será oficializada hoxe e publicada o sábado. "A partir do domingo, 7 de abril, haberá un prazo de cinco días naturais para a presentación de candidaturas, cada unha das cales deberá contar cun mínimo de 21 avais", engadiu a Federación.

Será, entón, desde esa data cando se coñezan os nomes que sucederán a Rocha, mais o comunicador Carlos Herrera xa anunciou durante o seu programa de radio na mañá de onte que estará entre eles.

"Presentareime para limpar e rexenerar, para que o futuro do fútbol sexa noticia polos seus éxitos e non polos seus apaños. Por iso, a miña intención é crear unha comisión de Transparencia e Bo Goberno nada máis chegar á RFEF", asegurou o xornalista andaluz de 66 anos. 

Comentarios