Fran Vázquez

"O deporte galego pouco a pouco vai a mellor"

Esta segunda feira, un dos grandes do baloncesto galego de todos os tempos, Fran Vázquez, fainos chegar as súas opinións ao #VenhanMais5.

_JOG6112
photo_camera Fran Vázquez lanzando a canastra

-Como ves o estado actual do deporte galego?

-É como todo, sempre ten que haber xente que estea disposta a axudar para que as cousas funcionen.

-E que evolución agardas a cinco anos vista?

-Agardo que a coa axuda da xente, concellos, institucións, etc, a evolución creza e non se deteña, xa que pouco a pouco o deporte galego vai a mellor.

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-A verdade é que non son de ler prensa, falo tanto da deportiva como da social, pero espero que sigades crecendo

Comentarios