O Celta ensaríllase en Eibar

Os celestes perden en Ipurúa nun partido marcado polas rotacións e pola polémica arbitraxe.

celta eibar
photo_camera Imaxe: La Liga

Quen fose Ipurúa ver a equipa que baixo a batura de Berizzo medrou, aprendeu e desenvolve un fútbol de gosto non atoparía ese Celta, senón outro indolente, desaparecido no campo e sen moito que dicir. Os celestes caeron perante o Eibar no minuto 9, cando Fran Rico meteu para os vascos o único gol do partido. O resto do encontro, agás a recta final onde o Celta se activou e tentou evitar a derrota, foi da cor armera.

O Eibar saíu enchufado, confiado e sabendo claramente cal é a súa aposta e a que quere xogar. O Celta deste sábado careceu deses tres elementos. As rotacións de Berizzo, consciente da súa necesidade nun calendario de exixencia para os celestes en varias competicións, non callaron. O Celta de Ipurúa non foi o Celta de Berizzo, semellaba outra cousa. Nin control da bola, nin visión do xogo. Na segunda metade quixo enchufarse ao partido e protagonizou algunhas aproximacións, mais en termos xerais o Eibar tiña o mando.

Certo é que a arbitraxe non estivo exenta de polémica. Os visitantes reclamaron dous penaltis, sobre Pione Sisto e Bondonga. Por non falar da escalada de cartóns que o árbitro protagonizou cos celestes, co punto máximo nas expulsións de Sergio (que se atopaba no banco) e Hugo Mallo, este por lle chamar “sinvergonza”. O Celta anunciou nun comunicado que vai recorrer os cartóns e nega que Mallo chamase “sinvergonza” ao colexiado.

Agora, a peparar o encontro desta quinta feira co Standar de Liége, onde o Celta se xoga pasar á seguinte fase europea. Quizás nese partido tivesen os celestes a cabeza este sábado no canto de tela en Eibar. E pagárono.

Ficha

Eibar (1): Riesgo, Arbilla, Ramis (Gálvez, min.83), Lejeune, Luna, Inui (Peña, min.63), Rico, D. García, P. León (Escalante, min.71), Adrián e Enrich

0Celta (0): Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Fontás, Sergi Gómez, Planas (Guidetti, min.75), Señé (Sisto, min.67), Radoja, Wass Pablo Hernández, min.53), Bongonda e Rossi

Goles: 1-0, min.9: Fran Rico

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Expulsou con vermello directo Hugo Mallo e Sergio no banco) e amonestou Bongonda, Roncaglia, Pablo Hernández, Rubén, Ramis


 

Comentarios