Basquet A Coruña e Ourense Baloncesto comezan no LEB Ouro

O equipo herculino xogará esta sexta feira en Sevilla
Final do trofeo Teresa Herrera entre os dous equipos galegos (Foto: COB).
photo_camera Final do trofeo Teresa Herrera entre os dous equipos galegos (Foto: COB).

Esta sexta feira comezará unha nova tempada da Liga LEB Ouro estatal con 18 equipos, dous deles da Galiza.

O sistema de competición non mudou desta vez  alén da realización dun sorteo asimétrico no que non coincidirán a orde dos enfrontamentos da primeira e a segunda volta.

Da liga regular sairán o campión, e primeiro ascendido á ACB, e os tres descendidos á LEB Prata, que serán os tres últimos da clasificación.

En relación á participación galega, o Basquet A Coruña viaxará até Sevilla para enfrontarse esta sexta feira ao Real Betis Baloncesto (Pavillón San Pablo, 20.30 horas).

No equipo segue Diego San Epifanio e o bloque de xogadores que fixeron a pasada campaña.

O Club Ourense Baloncesto, pola súa parte, xogará o sábado na casa contra o TAU Castelló (Pazo dos Deportes Paco Paz, 19 horas).

O equipo está renovado por completo, con 12 xogadores que deben axustarse e coa continuidade de Félix Alonso. A formación da  cidade das Burgas conta con ter unha boa entrada após anunciar esta semana que superou a cifra de 1.500 socias e socios.

Comentarios