A rente de primeira nace unha revista de fútbol en galego

O equipo de Kubus ten que estar a todo meter nesta fin de semana en que se pode decidir o ascenso de Celta e Deportivo a primeira. Nace unha revista de fútbol galego, para vivir o presente e coñecer a historia do deporte máis popular.

Como directores da revista Kubus, primeira de fútbol en galego, figuran Rubén González e Javi Paz. mais con eles na nómina aparece unha manchea de persoas que se ocupan das colaboracións. O proxecto é modesto mais os seus textos evidencian entusiasmo polo deporte e a enerxía da mocidade. Contra o que nos teñen afeito as revistas deportivas, en Kubus non atoparemos só información das competicións futbolísticas. Historia, crónica e retrato de personaxes nesta nova publlicación .

A saída é modesta mais o proxecto ambicioso. “Seguindo unha liña similar á marcada por Antonín (Proxecto Panenka), “So Foot” no país galo, “Un Caño” en Arxentina, “11 Feunde” en Alemaña, Tentando combinar ideas, mesturar pontos de visión e adubar todo coa tremenda ilusión que se ten no proxecto” comentan no seu inicio.