Xa temos aquí o III Concurso Revenidas de música emerxente

O Festival de Vilaxoán reforza a súa aposta nos grupos noveis que cantan en galego.

photo_camera Imaxe dunha actuación no Festival revenidas

Xa está aquí a terceira edición do Concurso de música emerxente que organzia o Festival Revenidas. Até o 10 de maio, as bandas que teñan un repertorio en galego de cando menos 6 cancións, que non teñan ningún ou tan só un disco -ou maqueta- publicados e que non tocasen nunca no festival de Vilaxoán de Arousa poden inscribirse, enviando un par de temas e información do grupo, no enderezo [email protected].

Gala no Malatesta

De entre as bandas participantes, un xurado escollerá dous finalistas e outros dous han saír das votacións que se habilitarán nas redes sociais do Revenidas. As catro finalistas participarán nunha gala que se celebrará na sala Malatesta de Compostela o 28 de maio, onde será elixida a vencedora -que levará 600 euros e a posibilidade de participar no Revenidas 2016- e onde se dará tamén un premio do público, consistente en 100 camisolas cun deseño personalizado Caramuxo-Rei Zentolo

Comentarios