Volve a residencia para escritores e pensadores a Rianxo

A editorial Axóuxere recupera a residencia de escritores e escritoras que xa tiña organizado anos atrás, e faino abrindo tamén a proposta a pensadores e pensadoras.

cremildobahule
photo_camera O escritor mozambicano Cremildo Bahule xunto cos responsables de Axóuxere

Segundo a editorial, ademais da residencia de escritores/as, "ideamos un espazo de acollida para pensadores e pensadoras, para que poidan dedicarse durante o tempo da súa estada á reflexión e ao pensamento crítico e teórico, sen necesidade de ningunha conclusión ou produción escrituraria".

O prazo de recepción de propostas, tanto para unha modalidade como para outra, rematará o 16 de abril. Na súa primeira etapa, entre 2012 e 2014 pasaron por esta iniciativa literatos de varios países de Europa, América e África, alén de autores procedentes de toda a Península Ibérica. Desta volta Axóuxere e o Concello de Rianxo volven colaborar para recuperar esta residencia que se desenvolverá no verán de 2017, entre os meses de xuño e agosto, no espazo residencial que dispón a editora na aldea de Brión (Leiro, Rianxo).

Cremildo Bahule e Narf na Ciranda from axouxerestream on Vimeo.

Comentarios