Volve o Culturgal antes da ponte de decembro

Esta mañá presentouse unha nova edición dun Culturgal que terá lugar do 4 ao 6 de decembro en Pontevedra. 

culturgal
photo_camera Presentación da edición 2015

O programa xa está listo para que cada quen faga a súa propia axenda. Os axentes da cultura terán un 'speed dating' no que poderán coñecer de xeito rápido outras empresas ou iniciativas nas que estean interesados, ademais de múltiples presentacións de todo tipo de proxectos.

Os amantes da literatura poderán acudir a un recital poéticco de Manuel Rivas, ou escoitar a Fran P. Lorenzo, Teresa Moure, Susana Aríns ou Antón Riveiro Coello falar do seu novo libro.

Pola banda musical haberá unhas cantas novidades e estreas, como o novo disco de Cristian Silva, Samuel Levi, Batemento, Javier Prado ou o novo proxecto de Sanjurjo&Dopico. 

Alén disto, xornadas profesionais, moitas actividades para nenos e nenas e unha presenza importante do sector audiovisual. Como todos os anos, unha cita imprescindíbel. 

Comentarios