AXENDA

Unha fin de semana que cunde

caxoto (1)
photo_camera Caxoto

Alejandro Vargas “Chané”+Rosa Cedrón

Lugo

Club Clavicémbalo

25.10.2019

11.30h

Alejandro Vargas presenta “Chané na Habana” acompañado de Rosa Cedrón, en formato jazz e camerata, e reinterpreta a Curros Enriquez, Rosalía de Castro ou Nan de Allariz.

Espectáculo infantil de narración oral

Compostela

LSC de Amio

26.10.2019

18.00h

"Conto para escoitar mentres bailamos un valse", con Caxoto Contacontos, relata a orixe da paixón de Sabela pola música, o manexo de clásicos e insólitos instrumentos musicais.

Día do Dano Cerebral Adquirido

Compostela

Estatua das Marías

26.10.2019

11.30h

Andaina, desde as Marías até a Praza do Obradoiro, e lectura do manifesto do movemento asociativo elaborado por FEDACE.

À mesa!

Ferrol

Fundaçom Artábria

26.10.2019

22.00h

Dentro das atividades do 21 aniversário, o sábado 26 de outubro às 22.00 horas decorrerá no Centro Social da Fundaçom Artábria, em Ferrol, a nova montagem da companhia Teatro do Pichel, intitulada À mesa!, uma produção  sob a direção do dramaturgo Zé Paredes e a séptima produção da companhia.

Con tres dedos e un pau

Padrón

Casa de Rosalía

26-27.10.2019

As xornadas teórico-prácticas sobre a frauta e o tambor, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, achéganse á historia e ao funcionamento destes instrumentos.

A Pontevedra literaria

Pontevedra

Diversos espazos

26.10.2019

Roteiro guiado por Elena Gallego Abad, autora da saga Dragal, baixo o título “Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella”.

Recolleita e Esfoliada do Millo

Corzáns

Área Recreativa Muíño da Ponte

27.10.2019

11.00h

Ruta de tractores, recolleita de millo, música a cargo de Bordóns de Ghaita, Airiños da Sementeira, obradoiro infantil con Barafunda e magosto co grupo Naiama.

Teatro do Atlántico

Ribadeo

Auditorio Municipal Hernán Naval

27.10.2019

20.00h

Dúas donas que bailan

Trátase da derradeira proposta dramática de Benet i Jornet, Dúas donas que bailan (2010), onde o drama, os soños e os fracasos se xuntan de forma divertida e conmovedora.

Gravados e monotipos para Nós

Allariz

Fundación Vicente Risco

Até 15.1.2020

Vén de inaugurarse a exposición 'Gravados e monotipos para a Xeración Nós', de Xosé Poldras, que permanecerá na Sala de Exposicións da planta baixa da Fundación Vicente Risco, até o 15 de xaneiro de 2020. Poderá visitarse no horario habitual: sábados e domingos de 12h a 14h.

Comentarios