Hoxe día 18 de abril, segunda feira, é a derradeira ocasión para adquirir nos puntos de venda habituais (quiosques, librarías, gasolineiras...) o semanario Sermos Galiza Carvalho Calero. Vivir con autenticidade.
Baixo este título publícouse, con motivo do Día das Letras Galegas un número especial de Sermos Galiza de 48 páxinas a cor, grampadas e guillotinadas, que recolle oito artigos dos máis recoñecidos estudosos da obra e da figura de Ricardo Carvalho Calero. Unha coidada edición de 4.000 exemplares con formato revista que está á venda con Nós Diario. Un total de 80 páxinas por só 3 euros. Un número para a historia.
Xoán Costa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, María Pilar García Negro, Xoán Carlos Garrido, Aurora Marco, Pilar Pallarés e Francisco Rodríguez ispen o homenaxeado pola Real Academia Galega para dar a coñecer as súas múltiples vertentes, nun número que, tamén está á venda na nosa loxa.
Se non es subscritora ou subscritor, non dubides en adherirte.